rap

Estilo musical popular, de orixe afroamericana, xurdido nos anos setenta do século XX, que consiste na recitación rítmica de versos, polo xeral cun acompañamento instrumental

Etimoloxía

Préstamo do inglés rap ‘conversa’ ou ‘recitado’.

Exemplos *

“A súa maneira de escribir adáptase á modernidade da música, ao rap ou á fusión.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 17-8-2012)

“Unha proposta que non esquece as raíces do rap para perfilar a idiosincrasia propia do se saberen galegos.” (Carlos Amado: Galicia Hoxe, 19-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.