rapa

Acción de rapar (cortar o pelo ou a la a un animal).

Etimoloxía

Deriva do verbo rapar, e para este proponse un étimo gótico *hrapon ‘tirar polo pelo’.

Exemplos *

“… as bestas bravas en estado salvaxe, que producen beneficios en carne e que teñen na rapa anual un bravío ritual que se converteu en forte atracción turística e festa campeira …” (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)

“O espazo galego-portugués veu compartindo formas e usos lingüísticos, coñecementos e saberes produtivos (sega, malla, muíños, liño, rapa das bestas, chega de bois, pesqueiras da anguía, artes de pesca no mar…) …” (Roberto Ribao: Tempos Novos 10-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.