rapante

Peixe da superorde dos teleósteos, de corpo oval e boca grande e oblicua, do que existen varias especies

Etimoloxía

Denominación que se forma a partir do verbo “rapar” que é un termo que bebe do xermánico *hrapon ‘arrincar’.

Exemplos *

“Laura colleu o xantar e sentou á mesa. O rapante frito e as patacas con loureiro aínda recendían.” (Dolores Ruiz: Dentro da illa, 2005)

“Entraría na tenda de dona Amelia para mercar o pan, e permanecería alí, (...), ata a unha en punto, hora na que subiría á súa casa, cociñaría unha verduriña con dúas patacas e dous chinchos ou rapantes, segundo fosen as existencias e, sobre todo, os prezos, e xantaría á unha e media, nin antes nin despois.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.