raparigo, -a

Mozo ou moza novos

Etimoloxía

Palabra derivada que se forma sobre “rapaz”, designación do 'lacaio' na Idade Media que logo pasou a indicar o 'mozo' ou a 'moza'.

Exemplos *

“O camareiro que lle serviu o combinado era un raparigo con cabeza de olmeca e poida que algo acomplexado pola súa orixe mexicana, pois respondeulle nun inglés case perfecto cando Francis lle fixo un comentario en español sobre o resultado do último partido de béisbol dos Padres de San Diego.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“No fondo, malia toda a súa pose de moza dura, só era unha rapariga de dezasete anos á que lle roubaran o seu mundo. Tiña todo o dereito do mundo a estoupar.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.