rapaz, -a

Persoa que está entre a infancia e a xuventude / Mozo ou moza con quen se teñen relacións amorosas

Etimoloxía

Voz que procede do latín rapax, -ācis.

Exemplos *

“Xa que tanto me reprendes / rapaz, terei que deixarte / pois cando agora fas eso / que farás cando me case?” (Ofelia Carnero Vázquez et al.: Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín, 2004)

“Nunca vin río sin ponte / nin muíño sin rodicio;/ nunca vin rapaz cativo / que non fose alabadizo.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. Vol. II, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.