rapazada

Conxunto, grupo ou concorrencia de rapaces

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “rapaz” que nace do latín rapax ‘inclinado ao roubo’, pero que evoluciona cara a “lacaio” e posteriormente “mozo”.

Exemplos *

“A rapazada tiñamos varias efemérides sinaladas nos nosos calendarios, datas que coincidían coas romarías de máis sona e de maior tradición en toda a península do Morrazo.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“Cando comezamos a traballar decatámonos de que non había material en galego e que non podías darlle clase á rapazada noutra lingua.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 3-8-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.