rapina

Ave da orde dos accipiteriformes, da que existen varias especies, cunha plumaxe na que predominan as cores cincentas e marróns.

Etimoloxía

Cultismo que chega do latín rapina ‘roubo, rapto’

Exemplos *

“A rapina ergue a cría á altura dun penedo despexado de sacos viscosos e martela cun peteiro que se imita á daga das vindimas.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / Hotel Arriaga. (Pegaso e as ninfas), 2011)

“Oes, ándache roldando a casa un paxaro moi grande. Parece unha rapina.” (Darío Xohán Cabana: Galván en Saor, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.