raposeira

Gorida do raposo

Etimoloxía

Vocábulo derivado da palabra “raposo” que se forma sobre “rabo”, do latín rapum ‘rabo’, palabra motivada polo rabo do animal.

Exemplos *

“Mentres el batallaba, nosoutros aínda adurmiñabamos naquela quentiña raposeira. ” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

“Eu, que habitei na raposeira e tiven a pel pegada á terra, négome a vivir escindida entre pensamento e pracer, entre teoría e práctica, aspiro a experimentar todo de todas as maneiras.” (Olga Novo: A teta sobre o sol [Prólogo], 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.