Mamífero carnívoro salvaxe da familia dos cánidos, que se caracteriza por ter o fociño e as orellas afiadas e o rabo longo e peludo
Etimoloxía
Forma derivada sobre o termo rabo, do latín rapum ‘rabo’, palabra motivada polo rabo do animal.
Exemplos *
“Estaban cavando nunha roza o raposo e mái-lo lobo, e o raposo, como era astuto, roubou unha ola de mel.” (Ofelia Carnero Vázquez et al.: Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín, 2004)
“Entón, o lobicán brinca ao seu estrado para ouvear os bos días aos veciños mentres o raposo, larpeiro, anda con pés de la preto das casas, tramando das súas.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.