rapsodia

Peza instrumental, de composición libre e carácter improvisado, inspirada en cantos tradicionais e populares

Etimoloxía

Palabra que chega directamente do grego rhapsoidia ‘recitar un poema’.

Exemplos *

“¿Non haberá que consultar a Xosé Manuel Carreira e a outros autores que se preocupan da música galega dos últimos cen anos? ¿Non son dignas de consideración as rapsodias, as alboradas, as muiñeiras, as foliadas, os pasodobres?” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego, 23-5-1999)

“Este sería o caso das pastorais, romanzas sen palabras, lendas, nocturnos, elexías, cantos de berce, momentos musicais, rapsodias, bagatelas, etc . Todas estas pezas presentan unha estruturación libre que intenta representar o suxerido nos seus títulos .” (Paulino Pereiro: Iniciación á linguaxe musical, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.