Cantor ambulante que na antiga Grecia recitaba poemas épicos, xeralmente fragmentos dos poemas de Homero / Persoa que recita poemas con arte
Etimoloxía
Aínda que a voz a coñeceramos polo francés rhapsode, a orixe da mesma está no grego rapsōidós, de ráptein 'coser' e ōidḗ 'canto' que vén significar ‘persoa que cose ou une cantos’.
Exemplos *
“Os rapsodos, preocupados en loar as andanzas de Ulises, esqueceron explicarlle porque agardaba e non navega. O seu cativerio, disfrazado co conto dun tear, instaura o cativerio que o papel de esposa obriga.” (Carme Adán: Feminicidio. Unha nova orde patriacal en tempos de submisión, 2018)
“Así, nun repente, lembrei que fora rapsodo no colexio. Tróuxome a memoria a época case esquecida en que estiven amolado polo papel de recitador. Si, fun rapsodo, como un actor especializado en recitar poemas.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.