rasante

Liña de inclinación dunha estrada, rúa etc., con relación ao plano horizontal

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre o verbo “rasar” que procede do latín vulgar *rasare ‘tosquiar’.

Exemplos *

“Debuxando nos vidros para non durmirme, case que non advertín os tusidos reiterados cos que o utilitario recibía os avatares da estrada. Costas, curvas e rectas onde se subía marcha, o automóbil capitulou ó cabo nun cambio de rasante onde o asfalto esburataba perspectivas.” (Xabier López López: Biff, bang, pow. Novela case negra, 1997)

“Pola nova estrada, descoñecida para el, ascendeu soltando queixas de especialista en construcións viarias. Despois dunha longa recta e superando un cambio de rasante e un desvío, apareceron as casas de Escairón, a capital do concello.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.