Sensación de aspereza e proído que se sente na gorxa cando se está arrefriado e que produce rouquén e tose.
Etimoloxía
Deriva do verbo rascar, que procede do latín vulgar rasicare, evolución de radere 'afeitar' ou 'raspar'.
Exemplos *
"A voz fora esmorecendo e o rasquizo había horas que lle impedira berrar." (Xavier Quiroga: Atuado na braña)
"María Zambrano deixou soa á parella e abandonou o cuarto coa malicia dun rasquizo artificial." (Antón Riveiro Coello: Homónima)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.