Licor obtido a partir da maceración de certas froitas en augardente con azucre
Etimoloxía
Préstamo que se toma do nome da mesma bebida en francés, ratafia.
Exemplos *
“Lembrou que en épocas pasadas chegou a fornecer ao convento e a media Galicia de ratafía de Caris, ratafía de Furena, ratafía de cereixas, de marmelo, de cortiza verde de noz, de framboesa , de violetas e sobre todo de vainilla , a súa especialidade.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac, 1996)
“Por que non sacamos fotos e probamos as especialidades do lugar? Faláronme dunha bebida moi rica , composta de medio cento de herbas. −Agora subimos á Praza e movemos o vaso con esa famosa ratafía.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.