Pequenos cadrados de pasta con recheo de carne, verdura ou outros ingredientes
Etimoloxía
Palabra que vén do italiano do plural raviolo, ravioli.
Exemplos *
“Igualmente a pasta fresca, practicamente descoñecida na dieta alimentaria dos nosos paisanos e levada alá pola inmigración italiana, era adquirida nas panaderías ou elaborada nas casas onde se acostumaba a preparar raviolis, ñoquis, pizzas ou espaguetes.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)
“Unha carta variada, sempre con recomendacións diarias, pizza e pastas caseiras, carpaccio, ravioli ou lasaña en pratos combinados con mariscos, peixes frescos e sempre tenreira galega de gran calidade.” (Xosé Rey: A Nosa Terra, 09-01-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.