Planta anual da familia das crucíferas de follas lobuladas, flores abrancazadas ou rosadas e raíz comestible en forma de cilindro ou fuso, de cor xeralmente encarnada, carne branca e sabor picante
Etimoloxía
Termo que procede da palabra latina raphănus, que nos leva á grega ráphanos, unha especie de repolo. O nome científico que corresponde é Raphanus sativus.
Exemplos *
“A orella de mar, nun prebe de ravos picantes e salsa de soia estaba deliciosa e houbo unha celebración conxunta, pola descuberta e pola coincidencia no gusto.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)
“A sabedoría popular asociou sempre a cabeza cos pés. Esta é a razón pola cal existen numerosos remedios tradicionais que aconsellan poñer diversos emplastos nas plantas dos pés. Entre eles podemos destaca-los feitos con pataca, cebola e ravo.” (Charo Baleirón: O Correo Galego, 12-11-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.