raxeira

Espazo breve de tempo en que loce o Sol nun día de chuvia

Etimoloxía

Crese que podería gardar relación cunha forma latina radiare ‘despedir raios’.

Exemplos *

“Vén a chover e axiña abocaña, a raxeira, a raiola, para que asome o gromo da vida, pero tamén da morte.” (Manuel Vidal Villaverde: O Correo Galego, 16-10-2001)

“Sentara no banco da praza media hora antes, á raxeira, co caxato pousado cabo súa. Permaneceu completamente inmóbil ata que o resón da dor artrítica foi amainando.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos / Elocuencia, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.