raxo

Cada unha das dúas tiras de carne que están situadas ao longo do lombo do porco, unidas ao espiñazo

Etimoloxía

Palabra vinculada coa latina radium ‘raio’.

Exemplos *

“Nas aldeas todos somos tributarios dalgún cacique. En Eiras era o señor do pazo o que comía o raxo do porco dos labregos. En casos especiais papaba tamén algún cabrito.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)

“Todo o que se vendía eran alimentos do día ou salgados porque eu mataba os porcos, logo salgaba a carne, embutía os chourizos e preparaba o raxo. Daquela comer un polo era un luxo e o bacallau era dos pobres e hoxe está polas nubes.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.