reactor

Avión impulsado por motores de reacción.

Etimoloxía

Este termo remite ao latín agere ‘actuar’, de onde derivaría reagere ‘dar novo impulso’.

Exemplos *

“… perdido no revolto mar do tráfico, tolo e enxordecedor (como agora, en que o reactor facía riscos por riba da cidade) …” (Xosé Fernández Ferreiro: A ceo aberto)

“… gustaba de contemplar o ronsel que os reactores trazan no éter e mesmo de brincar cun aparato de xoguete, que lucía a marca Pam Am na fuselaxe.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.