Maneira de tratar a realidade dun xeito preciso, detallado e obxectivo, tal e como é, e en especial, movemento artístico xurdido en Francia a mediados do século XIX que defendía estas ideas, como reacción contra o Romanticismo.
Etimoloxía
Palabra creada sobre o adxectivo real procedente da palabra latina res, rei 'cousa real, concreta'.
Exemplos *
"O primeiro deles era o de As Covas do rei Cintolo, no que di que a narrativa galega debía seguir o camiño da fantasía de Cunqueiro ou do realismo de Fole." (Xosé M. del Caño: Conversas con Manuel María)
"Ese realismo de Blanco Amor, lembroume a Bukowski, ou mellor dito, cando lin por primeira vez a Bukowski deime de conta de que me recordaba a Blanco Amor" (Galicia Hoxe 04-04-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


