reaparición

Acción e efecto de reaparecer

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre o verbo “aparecer” que chega desde o latín tardío apparescere de significado semellante.

Exemplos *

“Pola televisión estaban a dar as noticias e, xa nos titulares, anunciaron a reaparición de Gzesler, despois da súa prolongada ausencia por motivos de seguridade.” (Manuel Forcadela: Fóra de xogo, 1993)

“Refírome á sorpresiva reaparición do inquedo avogado vigués Ventura Pérez Mariño no controvertido mundiño da política activa.” (Agustín Sixto Seco: O Correo Galego, 4-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.