Porción delgada, xeralmente de grosor uniforme, que se obtén cortando unha cousa dun lado ao outro.
Etimoloxía
Unha posibilidade que se apunta para esta palabra é que derive de rebandar e este, á súa vez, do latín rapinare 'rapinar, quitar'.
Exemplos *
"Sen que eu pedise nada serviume un café curto e un zume de bagas, acompañados dunhas rebandas de pan integral con marmelada e margarina." (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño?)
"Refuxiarámonos, o noso grupo de amigas e amigos, nunha taberna das aforas, para tomar unhas cuncas de viño acompañadas por rebandas de xamón e tacos de queixo." (Camilo Gonsar: Arredor do non)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.