rebeldía

Calidade de rebelde // Acción propia do rebelde

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o adxectivo “rebelde” que procede do latín rebellis que bebe de rebellare que significa ‘guerrear novamente’.

Exemplos *

“Subliñei as fracturas da sintaxe. Rodeei as formas da rebeldía que anunciaba xa o propio título: «arelo aínda quebra-los ritos dos costumes». (Olga Novo [limiar] de Xela Arias: Denuncia do equilibrio, 2021)

“Pero non renuncias a repetir que nunca deixa de ser posible a rebeldía. Abonda con atreverse. -Sempre che está na nosa man sermos menos ghiados.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / O corvo de chapapote, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.