rebolo

Árbore caducifolia da familia das fagáceas, de gran tamaño, cerna moi dura, copa ampla, follas glabras con lobos, flores masculinas en amentos e femininas terminais, que ten como froito a landra sobre un longo pedúnculo

Etimoloxía

Denominación de orixe incerta, crese que podería proceder do latín vulgar *repullu que remite ao clásico pullus ‘rebento’.

Exemplos *

“Alén da aciñeira (...) e doutras especies mediterráneas como sobreiras, rebolos, amendoeiras e oliveiras e de plantas aromáticas como o tomiño, o ourego ou a lavanda (aínda que tamén hai castiñeiros), a flora da Lastra ofrece 62 especies endémicas da península ou de Galicia.” (Manuel Rey: Gciencia, 12-12-2018)

“Nos lugares soleados medra unha vexetación de tipo mediterráneo con especies como a aciñeira, o rebolo, a sobreira ou o loureiro, e aló onde a lentura é considerábel, os toros das árbores cóbrense de liques.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.