recacheira

Calor do Sol

Etimoloxía

Voz que se forma desde o verbo “recachar” que, á súa vez, é un derivado de “cachar”.

Exemplos *

“Xa lavada a lá, preto do río ou nun lugar apropiado, estendíase ben estendida para que secara á raxeira ou recacheira do sol.” (José Rodríguez Cruz: Trazos sobre a vestimenta tradicional no surleste de Ourense, 2004)

“Outros eran casas con criados tesos, de gardiáns coma cans parados, moi serios, nas portas, a ollaren de esguello, con desprezo e desconfío. E non había abrigo para librárense da recacheira do sol.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Heroes, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.