recandea

Inflorescencia en forma de espiga do millo, do castiñeiro, do bidueiro etc.

Etimoloxía

Palabra que se forma sobre “candea” que procede do termo latino candela que é derivado de candere ‘arder’.

Exemplos *

“(...) polos prados e veigas entre os trigos, e arremuíña en bravas cabeleiras dos carballos mouráns e as floreadas de recandeas acesas dos castaños.” (Valentín Paz-Andrade: Tras da corda/ Prólogo, 2012)

“E así, contaxiados polo entusiasmo dos máis pequenos, algúns adultos animáronse a facer figuras de animais coas recandeas dos castiñeiros, ou barcos de vela con xuncos e follas.” (Cristina López: La Voz de Galicia, 9-7-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.