receita

Nota onde se indican os ingredientes que entran na elaboración dun medicamento ou dun prato de cociña e a maneira de preparalo

Etimoloxía

Palabra que procede do latín recepta, participio presente do verbo latino recipere ‘recibir’.

Exemplos *

“Galaxia axuda a cociñar sen lactosa con Emma Cavallé entrementres Baía propón 80 receitas de marmeladas caseiras de Nuria Durán e Montserrat Roig, nun volume que engade aos de ensaladas, sopas frías e quentes, peixes e mariscos, tapas e aperitivos ademais dun amplo abano de receitas de cociña caseira galega.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 22-6-2012)

“Cunqueiro acreditaba nunhas receitas de tetrau urogallus asado en compota de mazás.” (Xavier Castro: Galicia Hoxe, 4-5-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.