Libro de receitas, ou colección de receitas.
Etimoloxía
Termo que se crea sobre a palabra receita que procede do latín recepta, –ae 'recibido', 'recuperado', derivado do verbo recipere 'recuperar', 'tomar' ou 'admitir'.
Exemplos *
"Se Fóra de Xogo era en realidade un libro de estilo, un receitario de actuacións posibles ante presuntas ameazas, era evidente que Héctor Varela nunca debería telo publicado." (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)
"Einés inicia receitario: Herba moura (Solanum nigrum)" (Teresa Moure: Herba moura)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.