recheo

Calquera material ou conxunto de cousas ou de ingredientes con que se enche, reenche ou se acaba de encher algo

Etimoloxía

Vocábulo formado polo prefixo re- ‘de novo, outra vez’ máis a forma cheo do latín plenus ‘cheo, pleno, repleto’.

Exemplos *

“A Francis non lle semellaba que un recheo de ovas de ourizo e cogomelos fose algo simple pero deixouno falar.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“Coas fabas e os garavanzos cocidos a presión faremos unha pasta aderezada con crema de sésamo que nos servirá para ligar os ingredientes do recheo.” (Santiago Cortegoso: Casa O’Rei, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.