rechouchío

Calquera tipo de son agudo e continuado e situación en que se produce

Etimoloxía

Probable orixe onomatopeica, o mesmo ca “chío” e “chiar”.

Exemplos *

“Escomenzou Bartomeu cun rechouchío lene, e de alí a pouco cantaban tantos paxaros que somellaban cantar todas as follas;...” (Eduardo Blanco Amor: Os biosbardos, 1962)

“O xílgaro, na sua gaiola, cun múltiple e satisfeito rechouchío sandou á raiola do sol, bañándose.” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Antón e os inocentes, 1976)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.