reciclaxe

Acción e efecto de reciclar ou reciclarse

Etimoloxía

Creación co prefixo “re-”: ‘volver’ e a forma grega kúklus que significa ‘círculo, roda’, aínda que entra a través do latín cyclus.

Exemplos *

“Algunhas empresas promoven a reciclaxe dos envases ou o uso de botellas biodegradábeis.” (Ramsés Pérez: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 2010)

“Conseguido este obxectivo, o documento marco aposta pola reutilización e reciclaxe, deixando a incineración e a opción vertedoiro como último recurso para aquel lixo que non poida recuperarse.” (R. Fernández: Galicia Hoxe, 25-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.