reciclaxe

Acción e efecto de reciclar ou reciclarse

Etimoloxía

Termo que deriva do verbo “reciclar” que é unha creación sobre a palabra “ciclo” que bebe do grego kúklos ‘círculo’, ao que se engade o prefixo re- que significaba ‘repetir’.

Exemplos *

“Para que non contaminen, temos que levalos aos lugares de reciclaxe. Estes aparellos teñen materiais moi valiosos, que se poden reciclar para facer outras cousas.” (Pepe Carreiro: Os electrecos. Os Bolechas, 2018)

“É necesario que se empecen a impulsar desde xa mesmo aquelas iniciativas da chamada "economía verde" (enerxías renovables, agricultura ecolóxica, reconversión enerxética de edificios, recuperación de espazos degradados, reciclaxe de residuos...), que ademais de xerar emprego, axuden á reconversión ecolóxica.” (R. Fernández: Galicia Hoxe, 12-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.