recoiro

Exclamación que expresa sorpresa, admiración, dor, enfado etc.

Etimoloxía

Trátase dun termo modificado para se converter nun eufemismo da palabra ‘recoño’.

Exemplos *

“Se non atopou quen a levase á igrexa non foi por fea senón por pandorca. Vivía coa súa nai, chamada Marcelina, e co tío Mingos. Os únicos xuramentos que saían da súa boca eran "recoiro" e algunhas veces "carafio".” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)

“—A modo, recoiro! Ai, logo, érache boa! Se hai algunha lagarta agardando por el , xa lle podes ir dicindo que perde o tempo .” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.