recompensa

Aquilo que se dá como premio ou compensación por algo

Etimoloxía

Termo que bebe do latín tardío recompensare ‘compensar’.

Exemplos *

“Sóubose tamén dos graves trabucos que Guillerme lle seguía a impor ós seus novos vasalos, e das primeiras recompensas que lles entregaba ós fieis.” (Xoán Bernández Vilar: No ano do cometa, 1987)

“Por moito que lle roguei, mesmo ofrecéndolle unha recompensa, o mariñeiro bristolés nunca volveu saber nada do mozo do medallón, teu pai, nin do seu barco.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.