reconciliación

Acción e efecto de reconciliar ou de reconciliarse (Facer que deixe de haber calquera tipo de inimizade entre dúas ou máis persoas que antes eran amigas).

Etimoloxía

A forma latina reconciliatio, -onis, derivada de concilium, -ii ‘reunión’, deu lugar á nosa voz.

Exemplos *

“De Francia peregrinaba a Santiago un grupo do movemento “Pax Christi”, que tiña coma obxectivo a reconciliación entre os distintos países europeos despois da guerra.” (Xosé Avilares: Memorial de agravios)

“Os bos e xenerosos deben sentir ledicia por estes actos de reconciliación coa finalidade de que estes feitos non teñan nunca a súa repetición.” (A Peneira 08-1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.