récord

Resultado, nivel etc., en especial deportivo, conseguido e confirmado cunha medición

Etimoloxía

Palabra tomada do inglés record.

Exemplos *

“Adeus a Kelvin Kiptum, titular do récord mundial de maratón.” (Héctor Pena: Nós Diario, 13-2-2024)

“Tres récords de Galicia e catorce postos de finalistas é o balance total da representación galega que acudiu esta fin de semana no Campionato de España de Atletismo.” (Redacción: Galicia Confidencial, 27-6-2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.