recordo

Aquilo que se conserva na memoria e que vén a ela nun momento determinado

Etimoloxía

Substantivo regresivo que procede do verbo “recordar” que, á súa vez, lévanos ao latín recordari.

Exemplos *

“Non entendera moi ben o que poñía a carta, pero si que falaba dunha mamá que ela nunca coñecera. (...) Observara a nai, coa mente perdida nos recordos. Ela si entendera.” (Antía Yañez: Senlleiras, 2018)

“Cada lugar estaba asociado a un recordo concreto, a un día e hora que dalgún xeito a súa memoria decidira deixar gravados. En momentos así, os recordos semellaban prender como as silveiras nunha casa en ruínas.” (Manuel Gago: O exército de fume, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.