Acción e efecto de recrear
Etimoloxía
Cultismo procedente do latín recreatio, -onis ‘restablecemento, restauración, recuperación’.
Exemplos *
“De aí que non asistamos a accións propiamente bélicas, a que máis se lle parece acontece na recreación de Pontesampaio do primeiro conto” (Xosé M. Eyré: A Nosa Terra, 10-10-2002)
“Esta nova recreación do Mago de Oz, deseñada para consumo familiar(...) entretén e atrae o público sen deixar os valores artísticos e literarios en segundo plano.” (Xosé Lueiro: Galicia Hoxe, 13-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.