Espazo de tempo entre clases que teñen os nenos no colexio para xogar
Etimoloxía
Derivado regresivo do verbo “recrear” do latín recreare ‘renovar’, ‘reanimar’.
Exemplos *
“Para aquel achegamento fixo moito o xogo no patio que, durante as dúas primeiras semanas, foi con horario de recreo moi amplo, incluso saíndo á exterior da aula dúas e ata tres veces na xornada.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na illa, 2018)
“Sempre fun un grande observador. De neno, no colexio, saía ao recreo e sentaba a mirar.” (José Manuel Sande e Iago Martínez [entrevista]: Luzes, 12-2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.