Grupo de persoas que se despraza a pé
Etimoloxía
Palabra orixinada no árabe hispánico rákbah, e este remite ao árabe clásico rakbah 'cabalgado'.
Exemplos *
“Si, eramos unha recua. Foi unha acción moi anecdótica pero a verdade é que saíu na prensa e acabou tendo importancia.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)
“Era boa foliada esa noite; estaba chea de mozos e mozas bailando coma tolos, e unha recua de rapaces correndo polo medio.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


