reencontrar

Volver encontrar.

Etimoloxía

Verbo que se forma sobre encontrar, que procede do latín tardío incontrare, que significaba 'ir ao encontro'.

Exemplos *

"… o coronel correu anos de vida cara atrás para se reencontrar unha vez máis co cadete cheo de temores baixo a bóveda negra que facía ser nada a quen fose capaz de sentir." (Xavier Alcalá: Latitude austral)

"Gustaríame de veras que se reencontren de novo, e que este reencontro sexa para sempre." (Antonio Fernández Pérez: Don Gabino)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.