reenganchar

Continuar por vontade propia no exercicio dunha actividade, unha vez finalizado o período obrigatorio ou despois de abandonalo por certo tempo.

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo enganchar, que, á súa vez, se crea sobre o termo gancho, que procede do celta *ganskio 'póla' ou 'galla'.

Exemplos *

"No ano 2005 saíron do ensino obrigatorio 5.976 mozos galegos sen obter título ningún e sen que o sistema lles permitise reengancharse ás aulas dunha forma efectiva." (Galicia Hoxe 12-07-2007)

"¿Pensas que podo vivir con alguén que me recomenda reenganchar no exército, que pensa coma eles?" (Xosé A. Ballesteros Rey: Talego)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.