refacho

Golpe de vento producido por un cambio brusco da súa dirección

Etimoloxía

Voz que nos leva á latina fascula, que remite a facula ‘tea pequena’.

Exemplos *

“Camiñou pouco tempo e, antes de chegar, un refacho de vento fixo que aquel home levase a man á cabeza para peitearse.” (Beatriz Fraga: Contos de taberna, 2014)

“A espesa néboa e unha fina chuvia con refachos de vento por momentos fixéranse donos da Illa engadindo un aspecto moito máis lúgubre a aquela noite de defuntos na que podería pasar calquera cousa.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.