Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e que tiña a forma desta
Etimoloxía
Palabra que se forma partindo de “faixa” que ven do latín fascĭa ‘venda, faixa’.
Exemplos *
“Canta, si queres, / na lengua que eu falo. / Dareiche un mantelo, / dareiche un refaixo.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)
“¡Que ricos mandiles! / ¡Que verdes refaixos! / ¡Que feitos xustillos de cor colorado!” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


