referendo

Votación directa dos cidadáns dun país para dar a súa opinión sobre unha cuestión importante

Etimoloxía

Palabra que bebe da equivalente latina referendum ‘aquilo que debe ser suxeito ou sometido a alguén’

Exemplos *

“O referendo español foi o tema prioritario de reflexión política dalgún dos máis influentes diarios europeos.” (Carlos Elordi: Galicia Hoxe, 21-02-2005)

“O referendo consultará a poboación italiana se desexa unha modificación da Lei electoral que premiaría a lista máis votada (...)” (F.A.: Galicia Hoxe, 17-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.