Cambio brusco da dirección do vento
Etimoloxía
Trátase dun vocábulo derivado que toma como base o substantivo “fol” que vén do latín follis de significado semellante.
Exemplos *
“Un maino refoleo botou os longos cabelos da moza sobre o seu rostro, mentres o luscofusco marchaba.” (L.C. Carballal: Historias non irreais, 2001)
“E a pesar dese escenario dantesco; nos peores refoleos do vendaval; no medio da manobra máis decisiva; no límite de cada escora, cando os aparellos segan a cuberta seguindo a inclinación do bandazo..., faloume de como un ten o sentido a anos luz do inferno presente.” (Jacobo Barros: Os ausentes de Casteltón, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.