reforestación

Acción e efecto de reforestar

Etimoloxía

Palabra derivada tomando coma base “foresta” ‘bosque’ que remite ao termo do francés antigo forest ‘bosque’.

Exemplos *

“Para o resto das zonas, Álvarez avoga por adoptar "medidas de reforestación e de eliminación de especies invasoras".” (Alejandro Bassets: GCiencia. O portal da ciencia galega, 36, 9-2014)

“As reforestacións en zonas de fortes pendentes, solos esqueléticos ou outras condicións moi limitativas para o crecemento vexetal, son cando menos que discutibles e, en todo caso teríase que ser moi selectivos nas técnicas de repoboación a utilizar.” (Roxelio Pérez Moreira: Ecoloxía forestal e ordenación do bosque, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.