reforestar

Repoboar con árbores un terreo deforestado

Etimoloxía

Palabra que xorde desde o termo do latín tardío foresta ‘bosque’.

Exemplos *

“Ademais de reforestar e deixar que se recuperen dentro do posible os recursos naturais que estaban sendo explotados.” (Manuel Ángel García Gallego/ Berta Estrada Arias: Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, 1996)

“Abandono: primeiro da actividade agrogandeira, que logo se traduce no abandono xeral das terras (aínda que poden reforestarse, especialmente se hai liñas de axudas).” (Rafael Crecente Maseda: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro / Parroquias e planificación territorial, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.