Cambio de dirección dunha onda ao pasar dun medio a outro en que a velocidade de propagación é diferente
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín refractiōnem que deriva de refringo ‘quebrar’.
Exemplos *
“A imaxe vólvese formar na retina, aínda que plana (visión de dioptría plana). Ó se-la densidade da auga do mar similar ó humor acuoso, non se produce a refracción do raio luminoso como ocorre no aire.” (Xoán Carlos Rodríguez Sánchez e Xesús León Guillén: Pesca submarina en Galicia, 1997)
“A luz branca resulta da mestura de todas as cores. Por este motivo, podemos observar, cando chove e loce o sol, o arco da vella, que resulta da refracción e reflexión da luz nas gotas de chuvia, ao se comportaren como prismas.” (Eduardo García Parada e Pío M. González Fernández: Eis os láseres, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.