refrescante

Que apaga a sede

Etimoloxía

Palabra creada sobre o verbo “refrescar” que se forma sobre “fresco” que bebe no xermánico *frĭsk 'novo', 'áxil'.

Exemplos *

“Sobre a mesa, un vaso con restos de azucre e unha xerra con auga e rebandas de limón. As pólas dos eucaliptos asomaban pola varanda e, ao lonxe, no ceo azul tronzado polo ronsel dun avión, un globo aerostático anunciaba unha bebida refrescante de cola.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

“A castañeta estaba espléndida. (...) Despois pasaron a un pastel de mazá, que Clodio preparara coas reinetas que daban as maceiras da horta, que completou unha cea chea de bo humor e regada cun delicioso e refrescante viño do Ulla.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.